Para os que tivestes a curiosidade de ver que carallo era iso do Flickr , isto é o voso manual para ocupados.O Flickr é unha páxina web onde se poden ter as fotos que un queira como se fose un disco duro pero coa vantaxe de que, unha vez aloxadas na páxina, pódelas ver en calquera ordenador con conexión a internet sen que teñas que levar o CD das fotos contigo nin mandar ducias de correos electrónicos con catro ou cinco fotos como arquivos anexos aos colegas de turno. Podes escoller si queres que as túas fotos sexan públicas (que as vexa todo o mundo) ou polo contrario, que as vexan só os teus amigos. As fotos consideradas públicas poden ser comentadas ou mesmo descargadas para uso propio (senón se indica o contrario) de maneira que se crean grupos de usuarios que comentan as fotos duns e doutros. O que lle chaman os internautas unha "rede social".
Pero non todo é marabilla no Flickr . Ten dúas pegas. Unha, que está en inglés (xa sei que para algúns de vós non é pega ningunha) e outra, que só se poden aloxar 20 megas de fotos cada mes (arredor de 15 fotos de calidade).
Aínda estás lendo isto? Pois logo é que estás preparado ou preparada para entrar no Flickr .
Nota aclaratoria: si alguén está pensando que este manual informal conta para o concurso de traslados vai apañado.
Sem comentários:
Enviar um comentário